RSS

BROCHETAS DE OUTONO

Despois de coñecer e estudar os froitos de outono da nosa comarca, e de facer unha pequena exposición con eles toca comelos. Unha opción foi facer unhas riquísimas brochetas para probar todos os sabores.
Neste caso o alumnado de 6º encargouse de facer a merenda do cole aproveitando os froitos que recollemos nas nosas hortas.
Estaban fantásticas!!!!
E se queredes seguir probando cousas novas seguide os consellos que veredes  no "PROGRAMA EDUCATIVO 5 AL DÍA".


OS FROITOS DE OUTONO

Nunha sociedade coma a actual a comida preparada domina o noso mercado.
Son moitas as comidas estuchadas que chegan aos coles para as merendas e esquecemos o que nos aporta o medio.
Ao lado da casa temos moítisima variedade de froitos que van cambiando segundo as estacións e que aportan non so variedades senón tamén moitos nutrintes e posibilidades alimenticias, ademáis dun sabor intenso que non ten a froita estuchada.
Na nosa escola recollemos froitos de outono que hai nos nosos hortos ou nos arredores. Estudamos as zonas nas que as recollemos, os seus nutrintes e fixemos unha exposición con elas.
Mirade que ricas....!!!



MEDRAR CON SAÚDE

Este curso a escola de Bandeira márcase un novo obxectivo:
"Que o alumnado e a comunidade educativa adquira uns hábitos saudables"
Este blog servirá de medio para contarvos as actividades que na escola facemos para acadar dito obxectivo.