RSS

SEMPRE TES QUE METER O NARIZ



Hoxe os alumnos de terceiro recomendan un conto moi relacionado co noso Proxecto de medrar con saúde.
Veñen de ler "Sempre tes que meter o nariz". Un conto de Víctor Raga, publicado por XERAIS.
Nesta historia o señor Viramontañas ensínalles a Martiño e a Helena a importancia dos cinco sentidos. Pero Martiño está preocupado por outra cousa. O seu corpo e o da súa veciña non son iguais. Por iso quere ter unha conversa de home a home co señor Viramontañas e que lle aclare algunhas cousas. Co señor Viramontañas aprenderás: Os cinco sentidos: a vista, o gusto, o oído, o tacto e o olfacto. A liña da vida: infancia, mocidade, madurez e vellez. Como son e para que serven os ósos e os músculos.. A nutrición e a roda alimentaria. O proceso dixestivo e os dentes. Como respiramos. A circulación do sangue, cales son as súas funcións....


https://bibliotecaadevesa.blogspot.com.es/2017/11/clube-de-lectura-de-3.html


Calendario de Outono

Os nenos e nenas de infantil están facendo un Calendario para cada estación aproveitando as froitas de cada época.
Aquí tedes o calendario de Outono.