RSS

CALENDARIO ESTACIONAL

Ao longo do curso estivermos preparando os nosos calendarios estacionais. Froitos de outono, inverno, primavera e verán. Dende infantil ata 4º animáronnos a consumir froitas facendo uns carteis impresionantes. Unha marabilla de diseño e inxenio. E un abrir o apetito pola froita de tempada. Fantástico!!

TRAZABILIDADE

Que é a trazabilidade? Un novo concepto ao que os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron achegándose ao longo deste curso.
Aquí queda un pequeno PDF do que aprendemos.




Tamén deixamos a continuación un acceso a vídeos que poden axudarvos a mellorar a vosa formación neste tema.


Enquisa comparativa Decembro-Xuño

Aquí deixamos un resumo da enquisa comparativa entre decembro 2017 e xuño 2018.


CALENDARIO DE VERÁN

E coas vacacións chega o Calendario de Verán. As froitas das que imos a gozar nas vacacións témolas recollidas neste mural feito polos vosos compañeiros de 3º e 4º. Como podedes ver aquí, xa tedes un ALIMENTO RICO E SAN PARA MEDRAR NO VERÁN!!


Froita na escola

Dende o luns, 4 de xuño e ata o venres 15, repartirase froita no recreo para todo o alumnado. Este é o segundo período de froita pentencente ao programa "Froita na Escola". Moitos nenos e nenas están encantados de non ter que traer merenda e de poder compartir cos compañeiros e compañeiras tan delicioso momento.

ENQUISA FINAL

TRABALLAMOS COA PIRÁMIDE

Os diferentes cursos seguen a traballar e a estudar as posibilidades da Pirámide para acadar unha dieta correcta. Están aprendendo as bases dunha alimentación saudable.


CALENDARIO DE PRIMAVERO

Como non podía faltar xa temos aquí o Calendario de Primavera feito polos nenos e nenas de 1º e 2º. Hoxe tocou probar os amorodos e asegúrovos que estaban boísimos e son moi sanos.
Non me credes? Pois mirade como se puxeron os vosos compañeiros e compañeiras de infantil.
Xa vedes un alimento RICO E SAN PARA MEDRAR CON SAÚDE 



Como podemos axudar

 
Ola rapaces e rapazas!!!
Kika achegouse a este blog para pedir axuda.
Se picades enriba do seu avatar poderedes escoitar o seu problema.
A nosa amiga agarda moitos consellos, pensande posibles solucións e ide deixando as vosas respostas debaixo do título desta entrada. Onde pon COMMENTS picade no número que está entre paréntese.
Moitas grazas por axudar a Kika.

 
http://tinyurl.com/ybsvdrz3

A RECEITA SAUDABLE DE 3º


Os compañeiros e compañeiras de 3º ofrécennos este fantástico "Batido de Froitas".
Ten unha pinta bárbara e é saniiiiisimo!!

CONSELLOS PARA UNHA VIDA SA

Aquí deixamos un cartel feito polos vosos compañeiros de cuarto para lembrar a importancia dos "Hábitos saudables". Para facer o seu carte empregaron a técnica de collage. O cartel quedará exposto no taboleiro da entrada.

Tamén deixamos un libro da biblioteca para axudar a ter unha "Vida Sa!".
Consellos importantísimos para ter a mellor saúde do mundo!!





RACIÓNS DIARIAS PARA UNHA BOA ALIMENTACIÓN

Aquí deixamos unhas recomendacións para seguir mellorando a vosa alimentación e a vosa saúde




E CHEGOU A FROITA

Empezamos os recreos con froita.
É todo un éxito!!
Veña que hoxe aínda hai!! E está boíiiiisima!!


COME FROITA

Así amanecimos esta semana, animándonos a mellorar a nosa alimentación. Lembrándonos a importancia de comer máis froita!!

Hai máis anuncios e volos iremos amosando.




A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Xa temos a pirámide en camiño. Ide enchéndoa colacando cada alimento no seu lugar.




Aquí deixamos ideas:




OS FROITOS DE INVERNO

Chegou a tempada de inverno. Kiwis, laranxas, mandarina ou cole saen nas nosas hortas.
É un tempo frío e aínda que nos encanta comelas costa ir á horta a por elas, pero aínda así xuntamos unhas pouquiñas.
Agora toca comelas!!

Preparando os FROITOS DO INVERNO

Xa estamos preparando a exposición dos froitos do inverno.
Non esquezades de traer o luns os vosos froitos da horta.
Lembrade que valen tanto froitas coma verduras.
Aquí tedes algunha idea do que traer!!!


Calendario de Inverno

Aquí chega a nova edición do calendario de froitas de inverno feito polos nenos e nenas de infantil.