RSS

TRABALLAMOS COA PIRÁMIDE

Os diferentes cursos seguen a traballar e a estudar as posibilidades da Pirámide para acadar unha dieta correcta. Están aprendendo as bases dunha alimentación saudable.


CALENDARIO DE PRIMAVERO

Como non podía faltar xa temos aquí o Calendario de Primavera feito polos nenos e nenas de 1º e 2º. Hoxe tocou probar os amorodos e asegúrovos que estaban boísimos e son moi sanos.
Non me credes? Pois mirade como se puxeron os vosos compañeiros e compañeiras de infantil.
Xa vedes un alimento RICO E SAN PARA MEDRAR CON SAÚDE 



Como podemos axudar

 
Ola rapaces e rapazas!!!
Kika achegouse a este blog para pedir axuda.
Se picades enriba do seu avatar poderedes escoitar o seu problema.
A nosa amiga agarda moitos consellos, pensande posibles solucións e ide deixando as vosas respostas debaixo do título desta entrada. Onde pon COMMENTS picade no número que está entre paréntese.
Moitas grazas por axudar a Kika.

 
http://tinyurl.com/ybsvdrz3